Buscar este blog

sábado, 28 de febrero de 2026

CONSECUENCIAS DA CADUCIDADE DO MANDATO DA XUNTA RECTORA

 

A PANDERETEIRA


Últimamente me estou atopando no traballo cunha situación que, se ben antes era bastante puntual e residual, actualmente se produce con bastante habitualidade, vos estou falando da caducidade do mandato da Xunta Reitora das Comunidades de montes.

Imos ver, as Xuntas Rectoras se elixen por un mandato sempre temporal que se fixa nos Estatutos, normalmente son cuatro anos, ainda que algúns Estatutos establecen un mandato menor, de dous ou tres anos.

O mellor é que, un ou dous antes de que venza o mandato, se convoquen eleccións para elixir Xunta reitora, que pode ser a que xa estaba antes porque non se presentan candidaturas, ou ben unha nova cando se presentan varias e sae elixida unha nova candidatura por ser a mais votada.

Pois ben, durante este mes de febreiro me atopei con cinco presidentes que non convocaron eleccións para a Xunta Reitora, polo que lle caducou o seu mandato, pero non estamos a falar duns meses, se non de anos (unha en Ourense; dous en Pontevedra; unha en A Coruña e unha en Lugo).. O Peor é que, en todos estos casos, o presidente levaba sin convocar asembleas varios anos, polo que viña "xestionando" a comunidade el só.

Hoxe en día deixar o mandato caducado tanto tempo é unha aberración, porque pode ocasionar graves consecuencias para a Comunidade. As dúas máis importantes son:


1ª).- Bloqueo das contas bancarias da Comunidade: Na actualidade as entidades bancarias teñen un control moi estricto sobre as contas de Comunidade de Montes, de tal xeisto que, unha vez que o mandato da Xunta Rectora caduca, a elas lle salta unha alarma ou algo así, porque proceden a bloquear as contas, o que significa que non se pode retirar cartos dela, NIN TAMPOUCO INGRESALOS, de feito, un dos casos que me atopei, a Comunidade tiña unha cesión de parte do monte a favor dunha empresa,  a que fixo a trasferencia do canon anual (estamos a falar de mais de 10.000 euros), e o banco mandou de volta a trasferencia o empresario. Finalmente éste entregou ó presidente un cheque bancario polo importe do canon anual, pero no banco non llo deixaron ingresar e, ata o que eu sei, o cheque está en más do presidente caducado.


2ª).- Incomunicación coas Administracións Púbicas: As comunidades de montes están obrigadas a comunicarse coas administracións de forma telemática, para o cal necesitan un certifcado dixital, que só se pode obter se presentas un certificado do Servicio de Montes correspondente, onde diga que o mandato da Xunta Rectora está vixente. Pois ben para que unha Comunidade poida presentar calquera escrito ante unha entidade pública (solicitude de subvencións, solicitude de deslindes, de Plans de Ordenación, de Revisión de esbozos, denuncias varias, presentación e liquidación de impostos ...) ten que facelo co seu certificado dixital, polo que se este está caducado, non pode presentar nada. Pero o peor é que tampouco poderá abrir as notificacións que lle fai a Administración, con requirimentos de doumentación, trámites de audiencia, resolucións definitivas que deben ser recurridas nun prazo determinado, etc. Moitos presidentes pensan que mentres non abran a notificación, non están comunicados, cando, e o contrario, se pasan 10 días dende a posta a disposición da comunicación, se non a abres, se lle ten por notificado ao destinatario.

Como xa vos daredes de conta, o meu traballo entra nesta última consecuencia, tratando de buscar algunha forma de solucionar o desaguisado provocado por unha notificación xa vencida, botándolle, eso sí, moita imaxinación.

Vigo, 28 de febreiro de 2026




No hay comentarios:

Publicar un comentario