Buscar este blog

miércoles, 23 de julio de 2025

BENVIDA A FESTA DA VECIÑANZA DE SALCEDO (PONTEVEDRA), 2025


 

O pasado domingo día 20 de xullo de 2025, fun invitada a dar a benvida a veciñanza á festa/comida que a Comunidad de montes de Salcedo celebra, para festexar a recuperación por vía xudicial do monte veciñal San Martin, a través dun pleito civil que tuven a sorte de defender, recuperando así o común de veciños de Salcedo 200 has. de monte que estaban ocupados polos militares. Aquí os deixo o meu discurso de Benvida:

Aida que todos os anos vos dígan o mesmo, hoxe estamos aquí grazas á estimación integra da reclamación do monte Santo Martín ocupado polos militares na súa maior parte., onde mesmo se chegou a construír un campo de tiro, un poboado urbano e unha aldea afgá (coñecido como o PEQUENO AFGANISTAN).

Hai un par de meses que, falando con perito Angel Bravo -que levou a defensa pericial da reclamación, me dixo voute pasar un documento de 1752 relativo os veciñas da época e quizais sacas alguna ideia para falar na festa, Cando lin o documento con calma decidin que ia a falar dos veciños, non do pleito en sí, se non da veciñanza de Salcedo.

A diferenza das outras reclamacións das comunidades de Vilaboa e Figueirido que se promoveron a impulso das propias Xuntas reitoras que o aprobaron en Asemblea Xeral, no cado da reclamación do monte San Martiño de Salcedo ocupado polos Militares, impúlsase pola propia presión veciñal, a raíz de aprobarse en 2008 a ampliación da a franxa de seguridade do cuartel. Os veciños, vostedes, proceden a mobilizarse fronte á ocupación militar, creando a "PLATAFORMA DE AFECTADOS CONTRA A FRANXA DE SEGURIDADE", con D. Fernando Pintos Pereira a cabeza, quen nas seguintes elecciós de Xunta Rectora presentou unha candidatura, sendo nomeado presidente da CMVMC SALCEDO, e tan pronto pode cocnvoa á asemblea xeral que aprobour a presentación da demanda de dominio. 

Muitas desdtas movilizacións veciñais quedaron plasmadas nos periódicos, pero para min a mais icónica é da unha muller que vai andando cara a manifestación co seu mandil e o seu paraguas e detras dela unha fila de coches e de efectivos dos militares (a foto é a que está no encabezamento deste artículo, que eu levei en tamaña grande, e lle fori entregada á muller que tamen estaba no fexta comuneira).

Con isto, quero resaltar que no voso caso se non houbese unha mobilización previa dos veciños contra o cuartel, quizais a día de hoxe aínda o mote estivese en mans dos militares, pois o anterior presidente sentíase moi comodo co convenio que asinou cos Miliatares, que lle permitía facer curtas de madeira, no monte San Martin apresado polos mesmos militares. 

Ademais, vostedes conseguistes a forma de compensación máis vantaxosa posible, mediante a devolución polos militares de case 100 Has de monte para o goce e uso veciñal e un alugueiro doutras 100 Has por 75 anos, o que supón cobrar un canon anual de forma recorrente. 

Poaso a falarlles moi brevemente do documento de 1752, que correspondía a unha parte do Libro Real de Legos do Catastro do Marqués da Ensenada, Eue centreime nunha relación referida aos veciños daquel momento, distinguidos pola súa profesión e identificados con nomes e apelidos:

.- 1 un pedáneo,

 .- 1 notario 

.- 280  labradores 

.-5 carreteros

.-4  mestres de carretería

.- 14 oficiais de cantería

.-7 oficiais de carpintería

.- 14 xastres

.- 9  costureiras

.- 16 plilleras

.- 1 sancristán

 Por tanto dun total de 338 orofesionais, 280 eran labradores, o que significa que en 1752 o 85% da poboación de Salcedo eran labradores e necesitaban o monte comunal para sobrevivir: recollía toxo para fai a cama dos animais e quentar a auga para cociñar; co toxo da cama dos animais habían esterco para labrar as terras; o monte tamén era fundamental para o pasto do gando.

O que significa que en Salcedo tiña un monte vecinal para que os labraderos puideran sobrevivir, pois doutro xeito merrerían de fame,

 Parabéns a todos todas os/as que estades aquí e agora toca comer,


Salcedo, 20 de xullo de 2025


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario